A RAGC fai unha proclama pola transferencia de tecnoloxía nos seus premios anuais
martes, 29 de xuño do 2021
A
Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou este
29 de xuño,
no Pazo de San Roque de Santiago, o
acto de entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en
Galicia 2021, o
Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2021 e o Premio RAGC
de Divulgación Científica 2021.
O evento foi presidido polo presidente da RAGC, Juan Lema Rodicio, e
contou coa asistencia de numerosos académicos como a secretaria da
institución, Pilar Bermejo, o académico da sección de Bioloxía e
Ciencias da Saúde, Ángel Carracedo, ou o responsábel
de publicación e relación sociais da Academia, Fernando Pérez
González.
Os Premios
á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2021 comprenden tres
categorías premiadas con 6.000 euros cada unha delas.
- O equipo da USC e da UDC especializado en vacinas para o ámbito da acuicultura
O Premio
Francisco Guitián Ojea foi para un proxecto titulado Utilización
de proteínas da parede celular bacteriana como base para a
formulación de vacinas de subunidades con aplicación en
acuicultura.
Un dos investigadores participantes no traballo, Manuel Lemos
destacou que “é imprescindíbel
transferir o coñecemento á sociedade, o que implica dedicarlle
recursos de forma estábel
no tempo, fomentar as vocacións científicas entre mozas e mozos e
ofrecerlles unha carreira investigadora clara”.
- O premio ao equipo de BIOFAST
A
seguinte categoría, o
Premio Fernando
Calvet Prats, tivo como gañador o proxecto BIOFAST-
Biomaterial para a rexeneración ósea,
un proxecto do grupo de investigación de Novos Materiais do Centro
de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da
UVigo. O xurado destacou o desenvolvemento e a transferencia dun
produto biomédico innovador cunha excelente aplicación en
traumatoloxía, odontoloxía e maxilofacial.
- O galardón para o equipo de Alice Biometrics
O Premio
Ricardo Bescansa Martínez foi para a posta en marcha da spin-off Alice
Biometrics S.L,
un traballo innovador da tecnoloxía e identificación de identidade
no proceso de rexistro dixital.
Doutra
banda, o Premio de Xornalismo Científico foi para a peza titulada
Ciclodextrina:
la conexión entre El Señor de los Anillos y la pandemia de
COVID-19,
do xornalista Alberto Quian, quen quixo dar as “grazas a todos e a
todos os científicos que durante anos me proporcionaron un
coñecemento extraordinario e impagábel sobre o mundo que habito”.
Por
último, o Premio RAGC de Divulgación Científica 2021 foi para o
divulgador Ramón Núñez Centella, considerado o promotor da nova
museoloxía científica en España e artífice dos tres museos
científicos coruñeses de titularidade municipal, Casa das Ciencias,
Domus e Aquiarum Finisterrae.
- O Premio de Divulgación Científica para Ramón Núñez