A UDC organiza as I Xornadas Galegas de Bioinformática

xoves, 3 de abril do 2008 Raquel Noya

Mañá venres, 4 de abril, a Universidade de A Coruña vai inaugurar as I Xornadas Galegas de Bioinformática, cun acto que contará coa presenza do reitor da UDC, Xosé María Barja, co director xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia, Rogelio Conde Pumpido e co coordinador da Rede Galega de Bioinformática, Alejandro Pazos.
As xornadas darán comezo ás 10:00 horas co relatorio Aplicacións prácticas da bioloxía de sistemas á biomedicina impartida por Joaquín Dopazo, membro do Centro de Investigación Príncipe Felipe e rematarán ao finalizar a mesa redonda Bioinformática: unha área idónea para a investigación cooperativa, que ten previsto comezar ás 16:15 horas e que contará coa presenza de Joaquín Dopazo, Fernando Martín, Jordi Villa e Federico Morán, do Instituto Nacional de Bioinformática.
Ao longo do día terán lugar outros tres relatorios que xirarán en torno á bioinformática aplicada á medicina, á bioinformática computacional e aos problemas bioquímicos asociados a esta tecnoloxía.

PUBLICIDADE