A UFC lidera os xogos de PS Plus de febreiro

mércores, 26 de xaneiro do 2022 Marcus Fernández

Os xogos que recibirán os subscritores de PlayStation Plus durante o mes de febreiro saen bastante do habitual, apostando por xogos de peso, pero que poderiamos considerar de nicho, como EA Sports UFC 4, un xogo de loita no que haberá que evolucionar para converterse nunha estrela da UFC, unha competición de artes marciais mixtas.
Bastante curioso é o xogo de 2013 Tina Chiquitina0s Assault on Dragon Keep, xogo de exploración de alxubes, que en vez de estar protagonizado por un heroe tópico, está encabezado por Tina Chiquitina, personaxe de Borderlands.
Ambos xogos chegan en versión para PlayStation 4, pero o terceiro título de febreiro é de PlayStation 5. Trátase de Planet Coaster: Console Edition, que permite construír un parque de atraccións con grande nivel de detalle (inclúe máis de 700 obxectos predeseñados) e xestionalo, comprobando a reacción dos visitantes en tempo real.

PUBLICIDADE