A Wacom Intuos4 incorpora Bluetooth

luns, 1 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

A xente de Wacom fabrica dende hai tempo tabletas gráficas que permiten que os deseñadores trasladen as súas ideas á pantalla do ordenador, e para adecuarse aos novos escritorios informáticos actualizan a súa tableta ambidextra Intuos4 dotándoa de conectividade sen fíos, aínda que facerse cunha Intuos4 Wireless só sería recomendable para profesionais pois venderase a 399,90 euros.
O lapis da tableta conta con 2.048 niveis de sensibilidade á presión, mentres que a tableta en si ten un Touch Ring configurable, 8 teclas de atallo, batería recargable por USB e distintas aplicacións informáticas (Autodesk SketchBook Express 2010, Corel SketchPad e Adobe Photoshop Elements 6/7). Mide 36,3 x 25,3 x 1,5 centímetros, pesa 900 gramos e funciona en ordenadores con conectividade Bluetooth que funcionen co calquera dos seguintes sistemas operativos: Windows XP (SP2), Windows Vista, Windows 7 e Mac OS X 10.4.8 ou superior.


Vídeo de presentación da nova Wacom Intuos4 Wireless

PUBLICIDADE