A Xunta aposta por adaptar a industria aos retos dixitais para o avance das empresas
mércores, 6 de novembro do 2019
Esta mañá no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela abriu
as súas portas o Innovation & Manufacturing Brokerage Event, organizado
pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), que persegue a innovación e fabricación
avanzada como canle para adaptar a industria galega aos retos dixitais para que
as empresas gañen tamaño e avancen en internacionalización. Por iso, o
conselleiro de EconomÃa, Emprego e Industria, Francisco Conde, lembrou que a súa
consellerÃa destinará o vindeiro ano preto de 210 millóns de euros a lograr
unha Galicia máis innovadora, potenciando os sectores nos que Galicia xa é
lÃder, como o naval, o téxtil e a automoción, e explorando novas posibilidades
que enriquezan o tecido industrial.
Conde sinalou que Galicia ten atopado novos focos de
innovación, como o polo aeroespacial, o polo das TIC ou o polo de
biotecnoloxÃa, que busca en Santiago novas sinerxÃas co ecosistema bio
rexional, dotado dunha aceleradora centrada no descubrimento de novos fármacos.
Tamén lembrou a aposta galega polos hubs de innovación dixital, e a nova convocatoria
de axudas para empresas participantes nos mesmos que desenvolvan proxectos de
I+D+i. Prevese ademais poñer en marcha un plan de impulso á transformación
dixital, dotado con 5,3 millóns de euros.
No marco da Axenda Industria 4.0, a posta en marcha de
solucións para avanzar na nova industria concretarase en iniciativas como os
Centros de Fabricación Avanzada, que terán como obxectivo validar e demostrar
recursos de tecnoloxÃas dixitais made in Galicia en sectores industriais
concretos. Por outra banda, e mediante o fomento da colaboración entre empresas
complementarias que xeren solucións conxuntas, impulsarase a iniciativa
Maquinaria 4.0, que incidirá no desenvolvemento de provedores de bens de equipo
para a nova industria.
O conselleiro de EconomÃa, Emprego e Industria resaltou que
o Innovation & Manufacturing Brokerage Event se desenvolve no marco da RIS3
Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal, unha estratexia de especialización
intelixente única en Europa que permite definir ámbitos de colaboración
internacional, concretar programas de especializacións comúns, reforzar os
sectores estratéxicos, e proxectar un desenvolvemento económico baseado na
innovación e na investigación. Na súa intervención, Francisco Conde sinalou que
a alianza entre Galicia e Norte de Portugal ten entre as súas prioridades a
Industria 4.0 e a Industria da Mobilidade, con respostas baseadas na
transformación dixital.
O conselleiro resaltou o traballo que se está realizando
dentro do próximo programa marco europeo de innovación Horizonte Europa,
centrado en fortalecer as bases cientÃficas e tecnolóxicas da Unión Europea,
fomentar a súa competitividade e facer fronte aos grandes desafÃos mundiais.
Tal e como apuntou Conde, o programa marco centrarase na revolución dixital, a
economÃa circular e a transición cara un modelo de consumo baixo en carbono.