A Xunta destina máis de 12 millóns para o programa Civil UAVs Initiative

martes, 15 de marzo do 2022 Anxo Sesto

Galicia amplía a 52,3 millóns de euros os fondos destinados á licitación de Compra Pública Precomercial para a selección de socios estratéxicos cos que desenvolver o novo programa de I+D na Civil UAVs Initiative. Súmanse máis de 12 millóns para o desenvolvemento de un programa destinado á monitoraxe e observación da biodiversidade no que se empregarán sistemas aéreos e mariños para a captura de datos.
O programa realizarase no marco do Plan Complementario de Biodiversidade en cuxa sinatura participaron este venres o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde; e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey. Este novo financiamento, dixeron, “supón unha grande oportunidade para o crecemento económico das pemes e centros de coñecemento galegos, así como para continuar creando e mantendo emprego de calidade en torno a este sector”.
Para o desenvolvemento de estes novos programas de I+D, a Xunta contará coa colaboración de novas candidaturas como Airbus, Babcock, Boeing, Aeroespace Spain, Indra, Telefónica, e moitas máis. No marco da investigación, Galicia desenvolverá tres liñas de actuación: a primeira centrarase no desenvolvemento de sistemas aéreos e mariños non tripulados para a recolección de datos; a segunda encargarase da elaboración de sensores para estes sistemas de aéreos e mariños non tripulados, e a terceira centrarase na creación dunha e-infraestrutura para a observación da biodiversidade.
No que respecta aos Plans Complementarios, dirixidos a establecer colaboracións entre Comunidades Autónomas para realizar proxectos de I+D, Galicia conta con case 20 millóns de euros. A biodiversidade, a sostibilidade e os “retos verdes”, serán as prioridades de actuación da Xunta de Galicia na nova Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) 2021-2027.

PUBLICIDADE