A Xunta publica os datos dos anteriores comicios autonómicos en Abert@s
luns, 17 de setembro do 2012
Continuando
co compromiso da Administración galega coa reutilización dos datos públicos, a
Xunta vén de publicar os resultados
das eleccións ao Parlamento de Galicia das convocatorias de 2009 e 2005
no portal Abert@s, de xeito que empresas e cidadáns poden acceder a tal
información en formatos abertos, o que facilita
a creación de aplicacións e servizos baseados neses contidos.
A información inclúe os datos do censo de electores, os indicadores de voto, abstención,
os votos acadados por cada formación política que presentou candidatura, detallados
a nivel de mesa electoral (distrito, sección e mesa).
En Abert@s tamén publicarán os resultados da vindeira convocatoria electoral,
continuando a o avance no Open Data da Xunta, o que principalmente poderán
aproveitar empresas do sector infomediario para a súa reutilización, o que
podería contribuír na xeración de valor económico.