A caravana Airstream de R fará paradas en Caldas, Ordes, Arzúa e Melide

mércores, 17 de xuño do 2026 S. P.

A caravana Airstream de R, vertente móbil da campaña de proximidade da operadora galega que aposta polo “contacto directo coas persoas e con achegarlles interacción, diversión e servizos avanzados”, estivo os días pasados (dende finais de maio) nas localidades coruñesas de Ortigueira, Cariño, Betanzos e As Pontes, visitando logo Ourense e concretamente as vilas de Ribadavia (9 e 10 de xuño), Celanova (11, 12 e 13) e Barbadás (16 e 17). Nesta segunda quincena de xuño e ata principios de xullo recalará en Caldas, Ordes, Arzúa, Melide, A Estrada e Cambados.
Dende mañá xoves R aparcará a súa caravana Airstream en Caldas (días 18 e 19), Ordes (día 20), Arzúa (22 e 23) e Melide (25, 26 e 27), e rematará o seu periplo a principios de xullo na Estrada e máis en Cambados.
A caravana Airstream de R permite á veciñanza das ditas localidades coñecer, por exemplo, o servizo de Internet rural de R ( banda larga con 5G en zonas de acceso difícil) ou o servizo Cachocobertura R para interiores con mala conectividade, entre outras novidades do seu catálogo.
En palabras da operadora galega, “a caravana de R é máis do que un vehículo en ruta por Galicia cunha oficina móbil e unha proposta divertida, é unha campaña de proximidade que aposta polo contacto directo coas persoas e que deixará pegada logo de cada parada porque ofrece interacción, diversión e servizos avanzados”.
O interior da caravana servirá tamén para amosar dispositivos do fabricante vivo, socio tecnolóxico da acción, cunha oferta especial dispoñible unicamente durante a ruta e xestionada desde o propio vehículo.
A proposta incluirá distintas actividades promocionais, como xogos cunha máquina de aire que permitirá conseguir premios directos e participar no sorteo dun smartwatch de Vivo. Ademais, haberá concursos en redes sociais para anticipar as seguintes paradas da caravana e xerar expectación arredor do percorrido.