A compañÃa viguesa SIVSA emprestará os seus servizos a Leroy Merlin
mércores, 23 de novembro do 2016
A compañÃa galega SIVSA
Solucións Informáticas, adicada á prestación de servizos na área
das TecnoloxÃas da Información, vén de asinar o primeiro contrato
de colaboración coa empresa Leroy Merlin en España. A meta
desta sinatura é a achega de servizos de soporte de SIVSA aos
centros que esta multinacional francesa ten no paÃs. Son tres os
profesionais de SIVSA que forman parte do Centro de Atención a
Usuarios de Madrid para dar soporte aos sistemas e aplicacións de
Leroy Merlin en España. Cómpre engadir que este servizo é
fornecido de maneira ininterrompida en modalidade de 24×7.
En canto a Leroy
Merlin, dicir que chega a España no ano 1989 e na
actualidade posúe 63 puntos de venda e tendas en liña. Pertence
a ADEO, un grupo empresarial
baixo o que operan diferentes marcas comerciais especializadas no
sector da bricolaxe e o acondicionamento
do fogar. ADEO, ocupa o terceiro lugar na
listaxe mundial do seu sector e o primeiro
en Europa. Este grupo conta con 588 tendas en 12 paÃses, ten un
persoal de máis de 87.000 colaboradores e
conta cun volume de negocio de 17.300
millóns de euros.