A exposición GaliciaDixital instálase en Chantada

mércores, 10 de outubro do 2007 Raquel Noya

Dende onte (9 de outubro) e até o vindeiro domingo 14 de outubro pódese visitar na Casa da Cultura do Concello de Chantada a exposición GaliciaDixital, que está a levar por toda Galicia unha mostra de distintos formatos dixitais feitos por e para galegos.
Imaxes aéreas, pantallas con imaxes de 360 graos, producións en 3D ou xogos de animación son algunhas das propostas que se poden gozar neste extracto da mostra permanente que se atopa no Mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela.
En Chantada, a mostra estará aberta ó público polas mañás de 10 a 14 horas e polas tardes de 16 a 20 horas; a entrada é totalmente de balde e poden ir, segundo os organizadores, “rapaces de entre 0 e 100 anos”.
Esta exposición itinerante chega a Chantada dende o Concello de Cervantes, onde foi visitada por preto de 600 persoas.

PUBLICIDADE