A franquía Battlefield orientarase á guerra urbana

mércores, 28 de maio do 2014 Marcus Fernández

Tras a filtración na Internet dun vídeo do novo videoxogo da franquía Battlefiled dende Electronic Arts e Visceral Games saíron á palestra e confirmaron que o vindeiro outono lanzarán o xogo Battlefield Hardline, que presentarán oficialmente o vindeiro 9 de xuño no marco da feira E3.
Este novo xogo supón un importante xiro neste tipo de xogo, pois salta das zonas de guerra tradicionais á guerra do crime e aos enfrontamentos entre policías e criminais, procurando construír un modo campaña sólido, aínda que a súa fortaleza estaría, como vén a ser habitual nesta saga, no seu modo multi-xogador. Este título en desenvolvemento pode lembrar á saga Payday, pero ao ser responsabilidade da xente que está detrás de Battlefield, é de agardar que acheguen unha experiencia de xogo moito máis completa, da que saberemos máis en poucos días (aínda que o vídeo filtrado do xogo xa estrague moitas das sorpresas que EA reservaba para o E3).


Trailer filtrado do xogo

PUBLICIDADE