A franquÃa LEGO Star Wars conta cun novo xogo de naves para iOS
xoves, 30 de xaneiro do 2014
Ao
fabricante de xoguetes LEGO dáselle moi ben asumir franquÃas alleas, e coa
marca LEGO Star Wars está a facer un
magnÃfico traballo, como na nova colección
Microfighters, que non se limita
a permitir que os cativos poidan coleccionar os seus micromodelos, senón que
tamén estreou hoxe contrapartida dixital na App Store, onde podemos mercar
dende hoxe LEGO Star Wars: Microfighters
a un prezo de 0,89 euros.
Estamos ante un shoot’em up de desprazamento
vertical bastante clásico, no que podemos elixir bando (rebeldes ou o Imperio),
pilotar os naves icónicas e percorrer 18 niveis de acción repartidos en 4
planetas. No xogo podemos coleccionar pezas para adquirir artigos, armas e
mellorar a nosa nave, para poder facer fronte aos máis de 35 tipos de inimigos
e aos 8 inimigos finais que haberá que derrotar. LEGO
Star Wars: Microfighters fai un uso intensivo da memoria do iPhone ou o
iPad, polo que recoméndase pechar as aplicacións en segundo plano se queremos
poder gozar deste xogo de xeito fluÃdo.
- LEGO Star Wars: Microfighters é un shoot’em up de corte clásico
AÃnda que o xogo para iOS ten uns gráficos limitados, a nova colección de LEGO Star Wars si presenta unha aparencia magnÃfica en vÃdeo