A función Recordar de Windows reforza a súa seguridade antes de chegar ao público
venres, 7 de xuño do 2024
Cando Microsoft presentou a súa aposta pola IA para os Copilot+ PC puxo como grande exemplo das novas funcionalidades de Windows grazas a poder correr un modelo de IA de xeito local a función Recordar (Recall), que rexistraba o que se facÃa no ordenador para lembralo no futuro. AÃnda que a idea parecÃa brillante, eran moitas as dúbidas sobre como se aplicarÃa, especialmente a nivel de seguridade, e tras numerosas crÃticas Microsoft decidiu publicar unha actualización detallando máis información sobre a funcionalidade aÃnda en probas.
A función Recordar vai tomando capturas do que acontece na pantalla do ordenador, interpretándoo e almacenando estas imaxes de xeito cifrado para a súa análise (sempre en local), para despois ser quen de atopar aplicacións, páxinas web, imaxes e documentos aproveitando esta memoria fotográfica. Pero esta función dará o control ao usuario, que poderá elixir se quere que non se garden estas capturas de pantalla, pausar temporalmente este proceso, filtrar aplicacións e borrar as capturas en calquera momento.
Para continuar a tranquilizar aos usuarios antes da chegada de Recordar o vindeiro dÃa 18 (que será cando comece a distribución dos equipos compatibles con esta función) detallan de xeito predeterminado as capturas de pantalla de Recordar estarán desactivadas (ou sexa, que ten que elixir o usuario proactivamente o seu gardado); para a activación de Recordar tamén será preciso terse identificado mediante Windows Hello (tecnoloxÃa que recoñece ao usuario e non amosará información con esta función se non detecta a presenza do usuario); e engadirán capas de protección adicionais, de xeito que a información almacenada por Recordar só poderá descifrarse cando o usuario está identificado (asà como tamén cifrarán o Ãndice de busca da base de datos).
Dende Microsoft insisten moito en que todo iso acontece en local, ou sexa, que Microsoft non terá acceso aos datos do usuario.
O que tamén se está a comentar é que as novas funcións de IA para Windows 11 inicialmente só estarán dispoñibles para os Copilot+ PC con procesadores ARM, de xeito que os equipos con procesadores Intel e AMD que saian nos vindeiros meses, pese a estar preparados a nivel de hardware, non poderán gozar das novas funcións até finais de ano, no que semella unha estratexia para animar aos usuarios a probar os equipos con procesadores Qualcomm Snapdragon X Elite.