A información meteorolóxica achégase á Nintendo Wii

mércores, 20 de decembro do 2006 Marcus Fernández

JPEG - 23.4 KB
Os servizos en liña da Wii

A Nintendo Wii non é unicamente unha consola de videoxogos, senón que tamén pode ser unha ferramenta de grande utilidade, xa que entre outras cousas permite a navegación pola Internet e a consulta de novos servizos que poden resultar moi interesantes para os seus usuarios, coma o Canal Tiempo que vén de estrear esta semana.

JPEG - 33 KB
Predición meteorolóxica a 5 días

Agora, actualizando o software incorporado de serie na Wii pódese acceder á nova canle temática, que achega información meteorolóxica que permite a consulta tanto polo nome das localidades a consultar como a través dun mapa aéreo que deixa navegar pola xeografía mundial accedendo ós datos do tempo que fai en cada parte do mundo (aínda que a cantidade actual de datos aínda non é moi completa).
O sistema permite consultar as temperaturas máximas e mínimas, así como o estado do tempo, cunha previsión para os 5 días seguintes ás consultas realizadas, que destaca por ser un sistema sinxelo de empregar.
Este servizo é de balde, e supón unha interesante achega ás posibilidades da Wii, ás que tamén se incorporará o Canal Noticias o vindeiro 27 de xaneiro.

PUBLICIDADE