A nova aventura de Sherlock Holmes chega a España con feitura de videoxogo.

mércores, 31 de xaneiro do 2007 Raquel Noya

Despois de vender 500.000 exemplares en todo o mundo, a nova odisea de Sherlock Holmes e o seu inseparable doutor Watson chega a España da man de FX Interactive. Nesta ocasión, a trama da aventura gráfica convida ós xogadores a facer unha viaxe por todo o mundo (na pel dos detectives) coa fin de desenmascarar á poderosa secta que rende culto ó deus Cthulhu, o mito creado polo xenial escritor H.P. Lovecraft.
Con escenarios en Inglaterra, Escocia, Suíza e Estados Unidos e con máis de 60 personaxes dobrados por actores de cine, The awakened (como se coñece internacionalmente) seguramente non defraude ós máis esixentes en materia de videoxogos de lóxica. O videoxogo vén en castelán e é máis que probable que saia ó mercado a un prezo razoable para os consumidores, ó igual que outros xogos da mesma produtora.

PUBLICIDADE