A nova pelÃcula do incrible Hulk tamén se levará ós videoxogos
luns, 31 de marzo do 2008
O incrible Hulk (tamén coñecido en España como La Masa) volverá este
verán ó cine, acompañado por un xogo
que está a desenvolver SEGA, que será un xogo de acción en terceira persoa
e incluirá escenas chave da pelÃcula, asà como argumentos adicionais e
personaxes sacados o universo deste popular personaxe de cómic (como tamén
pasara co xogo que saÃu co gallo da primeira pelÃcula do monstro gamma).
- The Incredible Hulk para Nintendo DS será menos espectacular
Todo apunta que este xogo será moi semellante á entrega anterior,
ou sexa, que simplemente permite o xogador provocar moita destrución ó seu
redor á vez que se enfronta a inimigos como a Abominación ou un robot xigante,
sempre con moita espectacularidade, coma podemos ver no avance que Gametrailers
vén de publicar en exclusiva.
O
xogo recrea a pequena escala Manhattan, e incluirá pequenas sub-misións,
obxectivos e mini-xogos opcionais, e se comezará a vender en xuño para PC,
PlayStation 2, PlayStation 3, Xbox 360 e Wii, existindo tamén unha versión para
Nintendo DS que en vez de estar desenvolvido por Edge of Reality será unha
obra de Amaze, que será moito menos espectacular e violente, presentando unha interface
bidimensional bastante básica.
Novo trailer do xogo