A operadora DIGI é oficialmente patrocinadora do RC Deportivo
martes, 13 de decembro do 2022
DIGI,
a operadora de telecomunicacións da multinacional DIGI
Communications,
e o RC Deportivo, presentaron este
martes 13 de decembro no
Estadio Abanca-Riazor o seu acordo polo que a compañía convértese
en patrocinadora oficial
do club
até
a tempada 2023-24. A través deste acordo, DIGI quere apoiar tanto ao
RC Deportivo como a todos os seus afeccionados, “un club
histórico co que se identifica por todos os valores compartidos,
como o esforzo, a ilusión e o compromiso”, sinalaron
fontes da empresa.
DIGI
é unha compañía
con 30 anos de experiencia no sector das telecomunicacións, presente
en España desde 2008, onde conta con máis de 4,6 millóns de
clientes a peche do terceiro trimestre de 2022. A empresa está moi
presente na Coruña, cunha delegación con máis de 100 empregados
directos. Ademais, está a despregar a súa rede de fibra propia, Fibra
SMART;
e ofrece na provincia o servizo PRO-DIGI,
con velocidades de ata 10 Gbps.
No
acto de presentación, o responsábel
comercial
de DIGI, Ángel
Álvarez, destacou: “Estamos moi orgullosos de poder apoiar a este
club
tan recoñecido e con tanta historia co que estamos encantados de
poder colaborar e co que estamos seguros de que conseguiremos moitos
éxitos xuntos”.
Pola
súa banda, o presidente do Club, Antonio Couceiro, amosouse moi
satisfeito por este acordo: “DIGI é unha compañía en continuo
crecemento, que fai unha clara aposta pola zona, e coa que iremos da
man para seguir acadando obxectivos”.
En
2022, DIGI revalidou o seu galardón, obtido en 2021, á rede de
fibra máis rápida de España polos Ookla
Speedtest Awards,
a maior plataforma a nivel mundial para test de velocidade. Ademais,
a compañía foi elixida a operadora mellor valorada polos españois
no mesmo ano, cunha satisfacción de 77,4 puntos sobre 100, segundo o
Índice Centrix.