A pelÃcula Iron Man 3 estrea xogo oficial para smartphones e tablets
xoves, 25 de abril do 2013
Adiantándose á estrea do filme Iron Man 3, que mañá chega aos nosos cines, Gameloft estrea o seu
xogo oficial, que chega de balde a dispositivos móbiles, de xeito que xa
podemos descargalo
como aplicación universal para iPhone e iPad e tamén para
dispositivos con Android, aÃnda que para poder tirar o máximo partido das
armaduras do noso heroe e poder reducir os tempos de espera poderemos facernos
con elementos opcionais de pagamento (seguindo os pasos de xogos como Real Racing 3 e Injustice: Gods Among Us).
Este xogo sitúase despois do acontecido na pelÃcula homónima e, en vez de
intentar seguir tramas con misións fixadas como tÃtulos anteriores
protagonizados polo Home de Ferro, desta volta teremos niveis infinitos xerados
automaticamente en 3 localizacións distintas (Malibú, New York e China). AÃnda
que os inimigos do xogo son as forzas de I.M.A., no xogo non faltarán
personaxes da banda deseñada, como Dinamo CarmesÃ, Ezekiel Stane, o Láser
Vivente e o poderoso M.O.D.O.K.
Iron Man 3 presenta gráficos 3D
detallados, controis moi sinxelos (combinando toques e deslizamentos na pantalla), numerosas misións e
enfrontamentos épicos, ata 18 traxes sacados das distintas pelÃculas e a
posibilidade de mellorar as armaduras e os poderes no laboratorio.
Para facernos unha idea do trepidante que pode ser este xogo, podemos velo en
acción no seu trailer:
- Iron Man 3 funciona tanto en smartphones como en tablets
- No xogo podemos enfrontarnos a vellos inimigos de Iron Man como Dinamo CarmesÃ