A película Wanted continuará nun videoxogo o ano que vén

luns, 3 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Hai poucos meses chegou aos cines a película Wanted, baseada lixeiramente nun cómic guionizado por Mark Millar e debuxado por J. G. Jones, e que contaba entre o seu reparto a estreas como Angelina Jolie e Morgan Freeman, favorecendo certa sona por parte dunha peza audiovisual que baseaba o seu impacto no espectador nunha reintepretación do tempo bala de películas coma Matrix, o que tamén debería aproveitar a súa adaptación ao videoxogo, que por unha vez chegará con certo retraso con respecto da estrea cinematográfica para non ser vítima das presas e entregar un produto ben acabado que podería lembrar a títulos coma Stranglehold ou Max Payne.
O novo xogo chamarase Wanted: Weapons of Fate, e promete levar a mesma experiencia visual da película a PC, PS3 e Xbox 360, replicando os movementos das balas curvas e da cámara super-lenta que neste caso se coñece coma tempo asasino, o que fará que destaque este xogo de acción en terceira persoa do que a crítica advirte que non se pode analizar en base a capturas de pantalla, senón que hai que velo en movemento para facerse unha idea do que pode dar de si esta historia que funciona a xeito de secuela da película, e do que finalmente temos un vídeo de adianto:

PUBLICIDADE