A poxa pola banda dos 700 MHz celebrarase en xullo

luns, 31 de maio do 2021 Marcus Fernández

O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital publicou a Orde de Bases que establece as condicións da licitación de concesións na banda de 700 MHz para o despregamento da tecnoloxía 5G, medida dentro da Estratexia de Impulso da Tecnoloxía 5G que porá a disposición dos operadores de telecomunicacións unha das bandas preferentes para o despregamento de redes e servizos de 5G.
As condicións, modificadas tras unha consulta pública, fixan os prezos de saída en 995,5 millóns de euros e a concesión de frecuencias terá unha duración mínima de 20 anos prorrogables por 20 anos máis, buscando así a amortización dos investimentos a longo prazo.
A poxa comezará antes do 21 de xullo e licitaranse 7 concesións en total: 4 corresponden a 2 bloques de 2x10 MHz e 2 bloques de 2x5 MHz, na banda de 703-733 e 758-788 MHz para comunicacións ascendentes e descendentes; a tamén licitaranse 3 concesións na banda 738-753 MHz que asignan ao uso do bloque de 5 MHz para comunicacións só descendentes.

PUBLICIDADE