A revista Game Informer bota o peche tras 33 anos
venres, 2 de agosto do 2024
Unha das revistas de videoxogos de maior impacto a nivel mundial, a estadounidense Game Informer, editada dende agosto de 1991 e que na década pasada chegou a superar os 8 millóns de exemplares de tiraxe (converténdose na terceira revista en difusión nos EE.UU.), anuncia a súa despedida de xeito abrupto, de xeito que xa nin sequera se poden consultar os seus moitos contidos en liña, agora ocupados polo anuncio do cesamento de actividade.
Cómpre salientar que a publicación era propiedade da cadea de videoxogos GameStop, polo que xogaba un papel importante na promoción da súa actividade, pero a compañÃa experimentou as mesmas dificultades que o resto do sector editorial, e leva decaendo dende 2019, con varias reducións do cadro de persoal (até perder a todo o seu persoal orixinal) e da tiraxe e incluso unha modificación no seu modelo de subscrición o pasado mes de marzo, que parece non ter sido dabondo para manter a revista con vida, de xeito que o seu número 367 é o derradeiro.
O peche da publicación sorprende bastante pola súa brusquidade, xa que onte mesmo publicaron un par de gameplays na súa canle de YouTube, un novo capÃtulo do seu podcast The Game Informer Show e incluso un adianto da remasterización dos xogos de Ace Attorney Investigations. De feito, pillou especialmente por sorpresa aos propios traballadores, como o director de contidos, quen asegurou que xa tiñan completado o 70% do vindeiro número, ou o responsable da produción de vÃdeo, quen asegura que aÃnda hai traballadores que non saben o que está a pasar, tendo como única información o anuncio do peche hai poucas horas.
Non queda claro se o peche de Game Informer responde á crise de prensa de videoxogos ou está máis relacionada coa crise do formato fÃsico, que é o principal negocio de GameStop, compañÃa que leva anos recortando gastos e realizando despedimentos como reacción á presente crise da industria, aÃnda que probablemente sexa unha suma de ambos factores.