A secuela de El Poder de la Fuerza terá edición de coleccionista

mércores, 9 de xuño do 2010 Marcus Fernández

O día 26 de outubro chegará ás tendas o xogo Star Wars: El Poder de la Fuerza II, que retoma as aventuras de Starkiller, o aprendiz segredo de Darth Vader, e que promete corrixir os defectos da súa anterior entrega e aproveitar as posibilidades do período narrativo comprendido entre os episodios III e IV de Star Wars.
Pese a que falta bastante para o seu lanzamento, El Poder de la Fuerza II xa ten confirmada unha interesante edición de coleccionista que incluirá o xogo, unha caixa de aceiro inoxidable, contido exclusivo para o xogo, 3 niveis exclusivos en modo desafío, skins para o personaxe, unha espada de luz exclusiva, un libro de ilustracións dixital con comentarios dos desenvolvedores e unha orixinal memoria USB de 2 Gb deseñada por Mimobot.
Esta edición especial estará dispoñible tanto para Xbox 360 como para PlayStation 3, aparecendo na páxina web de GameStop a un prezo de 79,99 dólares (20 dólares sobre o prezo da edición ordinaria).

PUBLICIDADE