A serie de animación Bechos xa pode verse en YouTube

luns, 28 de agosto do 2023 Marcus Fernández

Nos pasados días a Televisión de Galicia aproveitou a celebración do festival o Castelo Conta para presentar a súa nova serie de animación infantil Bechos, destinada a cativos de entre 1 e 6 anos de idade, e da que xa é posible ver a través de YouTube os seus primeiros 10 capítulos cunha duración de 5 minutos cada un.
Bechos é un proxecto infantil divulgativo con contido animado sobre o medio ambiente, que busca sensibilizar aos máis novos sobre as cuestións medio ambientais inmediatas e actuais a través das aventuras de 4 amigos: o xabaril Xurxo, a raposa Catuxa, o vaca Margarida e a toupa Xiana.
A serie Bechos é obra da produtora Undodez, e forma parte dos contidos seleccionados na convocatoria de proxectos dixitais en lingua galega da CRTVG en apoio do sector audiovisual.

Bechos pode verse a través de YouTube

PUBLICIDADE