A tableta HP Stream 7 ofértase con 3 meses de Wuaki Selection por só 129 euros
luns, 10 de novembro do 2014
A tenda en liña de Microsoft
está a aceptar a reserva da nova tableta HP Stream 7 na chamada edición Signatura que software de
seguridade informática que non caduca, á vez que carece de aplicacións de proba
e outro software integrado polo seu fabricante, permitindo asà un uso máis
rápido, limpo e seguro do dispostivo que por tempo limitado inclúe 3 meses do
servizo de streaming Wuaki Selection
(valorado en 6,99 euros/mes). O máis rechamante deste dispositivo que pode
comportarse como un ordenador completo é que só custa 129 euros.
Este equipo que sairá á venda o vindeiro dÃa 17 funciona cun procesador Intel
Atom Z3735G de 4 núcleos a 1,33 GHz, 1 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento
interno ampliable mediante microSD, pantalla IP de 7 polgadas cunha resolución
de 1.280 x 800 pÃxeles, micro USB 2.0, cámaras de 2 e 0,3 MpÃxeles, Wi-Fi N
(con Miracast), Bluetooth, baterÃa de 3.000 mAh (cunha autonomÃa dunhas 8 horas), un grosor de 9,90 milÃmetros e un peso de 353,8
gramos, que véndese con Windows 8.1 e unha subscrición anual de Office 365 (que
inclúe 60 minutos de chamadas ao mes a través de Skype e 1 Tb de almacenamento
en OneDrive que vai de camiño a converterse nun almacenamento ilimitado na
nube).
- O HP Stream 7 preséntase como unha tableta de pequenas dimensións, grande versatilidade e prezo moi axustado