A tenda de Xbox inicia un novo perÃodo de rebaixas
xoves, 22 de decembro do 2016
Chegou a conta atrás para o remate do ano a tenda dixital de
Xbox, e celébrano con 19 dÃas de ofertas que inclúen a centos de xogos e
contidos audiovisuais, dos que son os principais beneficiarios os usuarios
dunha Xbox One, xa que poden facerse con moitos xogos de Xbox One e Xbox 360 a
prezos especiais, facilitando engordar o seu catálogo de xogos xusto nun
momento do ano no que é doado que teñan un tempo de lecer adicional para poder
gozar dos mesmos.
Dende
hoxe e até o dÃa 28 hai unha serie de ofertas que inclúe ofertas de xogos
de Xbox One como Dark Souls III a 35 euros, Dishonored 2 a 45,55 euros, Final Fantasy XV a 52,49 euros, Gears of War 4 a 29,25 euros, Metal Gear Solid V: The Phantom Pain a
15 euros, ReCore a 19,99 euros, Titanfall 2 a 35 euros, Battlefield 1 a 41,99 euros, Contrast a 5 euros ou Assassin’s Creed: Syndicate a 16 euros
asà como, por exemplo, Red Dead Redemption de Xbox 360 a só
14,99 euros (os prezos indicados inclúen o 10% de desconto adicional para
usuarios Gold); oferta que renovarase con outros xogos o 29 de decembro.
Dentro destas ofertas tamén teremos, dende hoxe e até o 31 de decembro, unha
oferta diaria, que comeza coa cativadora aventura episódica Life Is Strange, que en vez de custar
19,99 euros pode adquirirse por 5 euros, o que é unha oportunidade magnÃfica
para facerse cun tÃtulos que moitos consideran imprescindible, e que non é moi
coñecido polo grande público por non pertencer a un xénero moi popular.
- Life Is Strange ofrece unha aventura contada por episodios que por 5 euros é unha auténtica ganga