A veciñanza do Porriño poderá formarse este verán en edición de textos, uso do GIMP e eAdministración

mércores, 28 de xullo do 2021 S. P.

O Concello de Porriño informou de que xa están abertos os prazos de inscrición para dous cursos que se van impartir nas instalacións da feira Porremprego” no Multiusos de Torneiros. Os cursos serán presenciais, en grupos cun mínimo de 5 persoas, e impartiranse en colaboración coa aula CeMIT local. Un dos cursos, o obradoiro Fagamos un conto!, porá foco na rapazada de idades comprendidas entre os 8 e 12 anos, e consistirá en familiarizar aos participantes co uso do procesador de textos e a ferramenta GIMP (programa de edición de imaxes) para confeccionar un relato individual. Aprenderáselles aos asistentes os conceptos básicos destes programas. Establécense catro quendas dunha semana, con inicios os días 2, 9, 16 e 23 de agosto.
O segundo dos cursos é unha actividade formativa sobre trámites electrónicos e Administración Electrónica. Introducirase aos presentes nestes conceptos e aprenderáselles a obter e manexar o certificado dixital e a clave PIN, amais dos principais servizos dixitais que ofrecen as administracións públicas. Tamén se lles mostrar como levar a cabo os diferentes trámites.
Inscricións en cemit.oporrino@xunta.gal.

PUBLICIDADE