AGAFPU organiza un curso de marketing móbil en Compostela

mércores, 10 de setembro do 2014 Marcus Fernández

JPEG - 71.3 KB
Lolo Rei nunha actividade formativa que impartiu o ano pasado

Entre os días 27 de setembro e 4 de outubro de 10:00 a 14:00 horas a Asociación Galega para a Formación do Sector Publicitario (AGAFPU) celebra na súa aula de formación na Avda. Rosalía de Castro 42, baixo de Santiago de Compostela un Curso de Marketing Móbil impartido por Lolo Rey, experto en tecnoloxías móbiles e fundador de Loroestudio. Esta actividade vai dirixida a todos os profesionais do sector do marketing e a publicidade que desexen descubrir o grande potencial do marketing móbil e todas as súas posibilidades á hora de promover produtos ou mellorar a imaxe corporativa de calquera institución.

O curso terá un custo de 90 euros e o seu programa é o que segue:

PARTE TEÓRICA – MOSTRA DE CAMPAÑAS

1- Que consideramos Marketing Móbil? O MMk como unha das patas da nosa estratexia online. Como unha simple VCard nun código QR convértese en MMk.
2- Fundamentos básicos a ter en conta á hora de crear unha estratexia de Marketing Móbil.
3- Que se pode facer?: Tecnoloxías, tipos de marketing, canles de distribución (ADMOB, stores, SMS, QR, Social Media…)
4- App nativa ou webapp?… Depende!
5- Tipos de campañas, nacionais e internacionais. Que perseguen? Que tipo de contidos e tecnoloxías empregan?
6- Ferramentas e plataformas existentes para desenvolver Marketing Móbil.
7- Analítica web… Monitorizar para cumprir obxectivos.

PARTE PRÁCTICA – CREACIÓN DA NOSA PROPIA CAMPAÑA DE MMK

1- Deseño de diversas accións de mobile marketing tendo en conta as diferentes tecnoloxías e canles de distribución.
2- Seguimento das campañas a través de Google Analytics e xeración de informes de resultados para determinar o impacto no noso tráfico e o nivel de conversión

PUBLICIDADE