ARCHOS anuncia 3 novos tablets con Android 4.1 e 2 Gb de RAM

venres, 15 de febreiro do 2013 Marcus Fernández


Esta semana ARCHOS anunciou unha nova gama de tablets Platium que resulta moi prometedora, pois combina un elegante deseño de aluminio con pantallas IPS de alta definición, procesadores de 4 núcleos a 1,2 GHz (con gráfica de 8 núcleos) e Android 4.1, que para adaptarse ás necesidades dos distintos consumidores chegarán ao mercado en 3 tamaños: 8, 9,7 e 11,6 polgadas.
Os tablets veñen con 2 Gb de RAM, mini-HDMI, cámaras frontal e traseira e lector de tarxetas micro SD. O modelo ARCHOS 80 Platinum é o máis modesto, con pantalla IPS de 8 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768, que poderiamos comparar co iPad mini, pero que chegará ás tendas este mesmo mes a un prezo de só 199 euros. O ARCHOS 97 Platnium HD, coa súa pantalla IPS de 9,7 polgadas cunha resolución de 2.048 x 1.536 buscaría competir co iPad con pantalla Retina, saíndo tamén este mesmo mes cun prezo de só 269 euros (un 46% menos que o iPad). E o ARCHOS 116 Platinum, coa súa pantalla IPS de 11,6 polgadas cunha resolución de 1.920x1.080 píxeles parece querer satisfacer aos que queren gozar de contidos Full HD, e porase á venda en abril por 349 euros.

PUBLICIDADE