AS Computer celebra con sorteos e presentacións o primeiro aniversario da súa tenda en Vigo

mércores, 9 de xullo do 2008 Fernando Sarasketa

AS Computer, a tenda de tecnoloxía da casa Apple con sedes en Santiago e Vigo, vai celebrar na súa sucursal da segunda cidade o primeiro aniversario da súa apertura. A cita será o vindeiro sábado pola mañanciña (entre as 10.20 e as 13 horas), e, co gallo do acontecemento, están previstas unha serie de iniciativas interesantes para os seareiros dos produtos da firma da mazá. Por exemplo: haberá descontos especiais en accesorios de todo tipo e sortearase un iPod Touch, o reprodutor portátil de música, vídeos e fotos dixitais que inclúe tecnoloxía Wi-Fi de acceso a Internet.
Asemade, ao longo da mañá está prevista a presentación do iLife (a suite de software multimedia programada por Apple e deseñada para o sistema operativo Mac OS X) e doutras novidades da multinacional norteamericana.
Segundo informa AS, todas as persoas que acudan á celebración participarán no dito sorteo do iPod Touch, un aparello que neste intre no mercado a un prezo de 269 euros.

PUBLICIDADE