Ábrese a inscrición para o 33º Coruña Bloggers

martes, 3 de setembro do 2024 Marcus Fernández

Tras a pausa estival volve Coruña Bloggers ao edificio ONCE dos Cantóns coruñeses o vindeiro 26 de setembro ás 19:30, estando xa aberta a reserva de convites para a cita. Falamos dun evento de balde, na que prégase que os asistentes acheguen un quilo de alimentos para a Cociña Económica local, para a que se recolleron preto de 3 mil quilos dende o comezo desta iniciativa.
Os relatores da 33ª edición de Coruña Bloggers serán os blogueiros Javier Pedreira Wicho de Microsiervos (un dos blogs de tecnoloxía en fala hispana máis relevantes a nivel mundial) e Isaac Martín de Viajes Chavetas (blog de viaxes tamén de grande relevancia).
O evento tamén contará coa sección 3x3 (na que tres persoas terán 3 minutos cada unha para presentar o seu proxecto) e unha sesión de networking nun local de hostalaría próximo.