Accesorio para utilizar Kinect en espazos reducidos

luns, 6 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Un dos grandes problemas que hai para empregar a cámara de Kinect na Xbox 360 é que debemos separarnos varios metros da mesma para que a súa cámara poida captar o noso corpo completo, o que non está ao alcance de moitos usuarios que non teñen salóns ou dormitorios amplos, e para solucionar tal problema Nyko vai comercializar Zoom, un par de lentes que se conectan á cámara de Kinect e que permitirá reducir a distancia precisa entre a cámara e o usuario un 40%.
Supomos que esta orixinal solución distorsionará a imaxe de xeito que non sería moi recomendable para usos como as videoconferencias, pero debería operar sen moito problema para o recoñecemento de movementos.

PUBLICIDADE