Acer lanza novos monitores compatibles coa tecnoloxÃa nVIDIA 3D Vision
xoves, 14 de abril do 2011
Acer continúa a apostar polas pantallas 3D
con lentes para equipos informáticos, de aà que veña de lanzar novos monitores
deste tipo. Falamos concretamente do HN274H e do HS244HQ, que chegan
en tamaños de 27 e 23,6 polgadas e prezos de 689 e 449 dólares respectivamente
(475,41 e 309,81 euros), o que parece bastante axustado se temos en conta que
inclúen os lentes activos necesarios para percibir as imaxes estereoscópicas.
O Acer HN274H ten un contrate dinámico de 100.000.000:1 e, aparte dos
correspondentes lentes nVIDIA 3D, tamén integra un emisor de infravermellos
(simplificando o escritorio informático ao non precisar dun emisor externo) e
conta con 1 entrada DVI-D, 1 VGA e 3 HDMI 3D. Acepta os sinais 3D tanto por
HDMI como por DVI-D.
O Acer HS244HQ é un monitor moi semellante, pero cun tamaño menor (23,6
polgadas) e unha única entrada HDMI.
Ambas pantallas teñen unha resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles e relación de
aspecto 16:9, de xeito que son atinadas tanto para o seu uso en ordenadores
como para consolas de videoxogos ou pelÃculas e series de televisión.