Acer tamén terá móbil con Android 4.0

venres, 24 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Acer anuncia que vai levar ao Mobile World Congress de Barcelona o seu móbil Liquid Glow, que sairá a primeiros do verán co sistema operativo Android 4.0 e con carcasas de 3 cores distintas (negro, branco e rosa) nunha aposta do fabricante en combinar estilo cunha boa relación calidade-prezo.
O Liquid Glow terá unha pantalla de 3,7 polgadas cunha resolución WVGA, procesador Qualcomm 7227A a 1 GHz, 512 Mb de RAM, 1 Gb de almacenamento interno, cámara de 5 Mpíxeles con flash LED, NFC, unhas dimensións de 117 x 58,5 x 11,5 milímetros e un peso de 125 gramos.

O smartphone de Acer venderase en 3 cores distintas

PUBLICIDADE