Activision anuncia o xogo X-Men: Destiny

venres, 8 de outubro do 2010 Marcus Fernández

No marco da Comic Con que estes días ten lugar en New York, Activision anunciou que en 2011 vai lanzar o xogo X-Men: Destiny en colaboración con Marvel. Este videoxogo reta aos xogadores a recrutar novos mutantes para participar nunha historia na que as súas eleccións xogarán un papel importante á hora de decidir o seu destino e que conta cun argumento creado por Mike Carey, guionista de X-Men: Legacy, Lucifer, Hellblazer, Ultimate Fantastic Four, Ultimate Elektra e outros comics.
O estudo que desenvolverá este título será Silicon Knights, responsable de xogos coma Too Human para Xbox 360 (do que están a preparar unha secuela) ou Metal Gear Solid: The Twin Snakes para GameCube.


Teaser do xogo anunciado por Marvel e Activision

X-Men: Destiny podería tomar conceptos de coleccións clásicas coma Los Nuevos Mutantes

PUBLICIDADE