Activision anuncia un videoxogo de Masacre

luns, 16 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Aproveitando a celebración da Comic-Con de San Diego, Activicion e Marvel anunciaron que High Moon Studios está a traballar nun videoxogo de Masacre (Deadpool en inglés), personaxe con varias coleccións de comics, que destaca pola súa violencia e humor, e que podería contar cunha película de seu (o actor Ryan Reynolds estaría encargado de encarnalo na grande pantalla, en continuidade cun pequeno papel no filme X-Men: Lobezno).
Polo momento do xogo temos páxina web oficial e un pequeno vídeo de adianto no que vese que estaremos ante un xogo de acción en terceira persoa, no que abondarán o uso de armas de fogo e espadas, secuencias de alta violencia e moitos comentarios graciosos por parte do protagonista, ao que xa puidemos ver como convidado nalgúns videoxogos (X-Men Legends 2, Marvel: Ultimate Alliance e Marvel vs Capcom 3), e que parece ter acadado a sona suficiente como para chegar ao grande público.


Vídeo de adianto do xogo de Masacre

JPEG - 79.6 KB
O xogo atreverase a amosar violentas secuencias con espadas nas que non faltarán as decapitacións

PUBLICIDADE