Adobe estrea accesorios para converter ao iPad nunha mesa de debuxo
xoves, 19 de xuño do 2014
Para
facilitar os traballos de deseño e ilustración dende dispositivos móbiles de
Apple dende Adobe lanza un par de interesantes accesorios: o lapis
dixitalizador Ink e a regra Slide. Estes trebello poden empregarse con
comodidade sobre a pantalla do iPad a través das novas aplicacións de Adobe, Sketch
e Line,
pensadas para o debuxo artístico e o deseño respectivamente, aínda que tamén
facilitan un SDK para que outros desenvolvedores de aplicacións poidan engadir
soporte para estes novos periféricos.
Con Adobe Ink & Slide podemos realizar debuxos con grande precisión grazas
á tecnoloxía de lapis dixitalizador sensible á presión Adonit Pixelpoint,
facilitando a creatividade dende a pantalla do iPad (que recoñece cando estamos
a debuxar para non reaccionar ante o contacto das nosas mans coa pantalla). Ink
pode empregarse para debuxar en varias cores, que amosaranse nun LED na súa
parte posterior e, de empregarse en combinación con Line, fai doado realizar
formas perfectas, conseguindo un grande control dende un dispositivo tan
manexable como un tablet, atendendo así a unha grande demanda por parte dos
deseñadores.
Estes trebellos comunícanse co iPad a través de Bluetooth 4.0 e son compatibles
con iPad de cuarta xeración, iPad Air, iPad mini e iPad mini con pantalla
Retina. O seu prezo de venda é de 199 dólares (145,93 euros).
- Os accesorios Adobe Ink & Slide véndense conxuntamente por 199 dólares