Age of Conan poderá xogarse de balde
mércores, 25 de maio do 2011
Ante a
imposibilidade de competir en igualdade con outros xogos masivos multi-xogador
en liña de pagamento como World of
Warcraft, Funcom anuncia que o seu xogo Age
of Conan: Hyborian Adventures vai relanzarse
este verán co nome Age of Conan: Unrated, o que suporá
principalmente a transformación do seu modelo de negocio, optando polo freemium, de xeito que poderá gozarse de
balde, pero haberá que pagar para acceder a contidos adicionais.
Este xogo tiña vendidas máis de 1,4 millóns de copias dende o seu lanzamento en
2008, pero fidelizar aos usuarios resulta moi complicado, e agardan que ao
eliminar as cotas mensuais poidan conseguilo. Para manter a rendibilidade do
proxecto abrirán unha tenda de contido adicional na que poder adquirir
armamento e monturas.
Age of Conan continuará a ser un
universo en liña inspirado nos traballos de Robert E. Howard, con bárbaros, violencia
e sexo, polo que estamos ante un tÃtulo claramente dirixido a adultos, que
agarda ampliar o seu público e que está dispoñible en inglés, francés, alemán,
español, ruso e polaco.
- O xogo continuará a apostar polos bárbaros e a violencia