Age of Conan supera o millón de copias

luns, 9 de xuño do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 95 KB
Este xogo de rol en liña presenta uns gráficos realmente traballados

Os xogos en liña cada día teñen unha maior aceptación, e o último título en acadar un éxito impresionante é Age of Conan: Hyborian Adventures, que segundo o seu fabricante xa vendeu 1 millón de copias, polo que sería o meirande lanzamento dun xogo masivo multiusuario dende World of Warcraft.
Estas cifras son impresionantes porque corresponden ás vendas en menos de 3 semanas, cando este tipo de xogos tardan normalmente máis en penetrar no mercado pois aparte da súa compra tamén precisan do pagamento dunha cota mensual para gozar dos mesmos.
No que vai de ano a web do xogo superou os 8 millóns de visitantes de máis de 200 países, Clan de Conan (club de afeccionados) superou as 800.000 altas e en varios países se colocou no nº 1 en vendas, estando considerado por varias publicacións especializadas coma o mellor xogo de rol en liña ata o momento.

PUBLICIDADE