Age of Empires Online deixará de contar con novos contidos

venres, 4 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Hai ano e medio chegou ao mercado o xogo de estratexia en tempo real Age of Empires Online, baseado na xogabilidade da saga Age of Empires e editado por Microsoft baixo a cada vez máis popular fórmula do free-to-play que non parece ser dabondo para manter este título a longo prazo, de aí que anuncien que o xogo vén de rematar a súa fase de desenvolvemento, pasando a unha fase de soporte, o que significa que non incorporará novos contidos no futuro. Iso non indica que o xogo vaia pechar as súas portas, senón que limitarase a arranxar erros que se vaian detectando e manterá a súa actividade, pero non poderá engadir novos contidos de calidade como a civilización celta que se incorporou o ano pasado, pois producir ese tipo de material supón un investimento económico que xa non resulta rendible. Cando menos os xogadores poderán seguir a gozar deste xogo, os seus foros e as súas competicións.

Os Celtas foron unha das civilizacións incorporadas ao xogo durante 2012
Age of Empires Online tivo que pechar o seu desenvolvemento de contidos ante a falta de rendibilidade do xogo

PUBLICIDADE