Airis prepara un nettop con Telebision

luns, 2 de novembro do 2009 Marcus Fernández

En setembro demos conta dunha versión da aplicación XBMC chamada Telebision, que facilita a transformación dun PC nun centro de reprodución multimedia cómodo e completo, e para pór aínda máis doada a súa utilización, Airis está a preparar unha versión do seu equipo Airis Nyos 75 que inclúe a aplicación preinstalada, de xeito que sería coma ter un set-top-box de salón destinado á multimedia.
O equipo funciona cun procesador Intel Atom, gráfica nVIDIA Ion, sistema operativo Ubuntu, saída DVI e HDMI e 6 portos USB 2.0, aos que posiblemente acompañarían 3 Gb de RAM, 500 GB de disco duro e algunha prestación adicional (¿Wi-Fi? ¿Sintonizador de TDT?) e tería un prezo duns 250-300 euros.
Á espera da presentación do produto comercial, podemos ver cómo funciona un equipo deste tipo con Ethernet, Wi-Fi e un mando a distancia preconfigurado para Telebisión no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE