Alan Wake chegará ás tendas o 21 de maio
venres, 12 de febreiro do 2010
Dende o lanzamento da Xbox
360 vénse a falar dun grande tÃtulo que están a desenvolver para a plataforma
de xogos de Microsoft, AlanWake, que
finalmente non entrará dentro da categorÃa do vaporware do ano, e converterase nunha realidade este mesmo ano, máis
concretamente o
21 de maio, dÃa no que chegará ás tendas españolas este xogo tanto
na súa edición ordinaria coma nunha luxosa
edición de coleccionista que incluirá o xogo cunha caixa cun deseño
único, comentarios de audio dos desenvolvedores durante o xogo, un libro de 144
páxinas titulado The Alan Wake Files
que inclúe unha historia escrita polo personaxe protagonista e que contén
arquivos da súa investigación, un disco coa banda sonora, contidos
descargables, temas de escritorio e elementos para o noso avatar de Xbox 360.
O
prezo nos EE.UU. desta edición de luxo será de 79,82 dólares, mentres
que o prezo europeo aÃnda non foi desvelado. Amais, este xogo estreou esta
semana un atractivo trailer: