Alan Wake estrea episodio descargable para Xbox 360
xoves, 23 de febreiro do 2012
A semana pasada comentamos o lanzamento da versión para PC
de Alan Wake a través de Steam,
adaptación do xogo que inicialmente saÃra para Xbox 360 que conseguiu
amortizarse en só 48 horas, e que esta mesma semana estreou un novo capÃtulo
para a consola de Microsoft, Alan
Wake’es American Nightmare, que xa pode adquirirse por 1.200 puntos
(14,4 euros), ofrecendo unha aventura máis cativa que o tÃtulo orixinal, que
ben podiamos comparar cun episodio dunha serie de televisión, que de ter boa
acollida poderÃa consolidar esta fórmula episódica que tan ben poderÃa encaixar
nesta franquÃa.
Nesta nova aventura Alan Wake loitará contra o servo da escuridade, o malvado Sr. Chirridos, nunha trama totalmente
nova na que aparecerán hordas de inimigos, poderán empregarse armas de grande
potencia e explorarse fascinantes escenarios de Arizona. O xogo contará cun
modo Historia que conservará a esencia da saga (na que a supervivencia é o máis
importante) e un modo Arcade no que haberá que dominar a mecánica de combate
con luz para sobrevivir e derrotar aos inimigos nos marcadores en liña.
- AÃnda que a historia de Alan Wake sexa o seu punto forte, ao xogo non lle falta acción