Aliens vs Predator: Requiem para PSP chegará este mes a Europa

luns, 12 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Adiantándose á estrea cinematográfica a primeiros de xaneiro, os Aliens e os Predators se enfrontarán na consola portátil de Sony xa que Sierra Entertainment lanzará o xogo Aliens vs Predator: Requiem o vindeiro 23 de novembro en Europa (10 días despois da estrea norteamericana) escribindo así outro novo capítulo nunha das franquicias cinematográficas máis explotadas no mundo dos videoxogos.
O novo xogo de Rebellion para PSP presenta a acción en terceira persoa, e nos permite tomar o papel dun Predator que deberá eliminar ós Aliens que se atopa no seu camiño facendo uso das armas e habilidades típicas dos depredadores extraterrestres, polo que poderemos ver coitelas, lanzas, canóns dispostos no ombro e afiados discos voantes, que axudarán ó xogador a dar boa conta da raza alieníxena máis perigosa do cine.
Este xogo correu da man da mesma empresa que creara outros xogos nos que se enfrontaban Aliens e Predators no PC, aínda que nas entregas pasadas o xogador podía elixir o bando en tal enfrontamento. A nova entrega tamén contará cun modo multixogador de xeito que se pode colaborar con outros camaradas Predator a través da conectividade sen fíos da PSP para facer fronte á horda de Aliens que nos ameazan.

PUBLICIDADE