All-Star Battle Royale sairá á venda o 25 de outubro

martes, 24 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Na pasada edición da feira E3 puido verse o xogo All-Star Battle Royale, coñecido popularmente como o Super Smash Bros de Sony, por ser un xogo de loita no que distintos personaxes populares de distintas sagas compiten por equipos, e dende hoxe sabemos novos detalles sobre este xogo exclusivo para PS Vita e PS3, como que chegará ás tendas o vindeiro 25 de outubro, e numerosos personaxes que aparecerán en escena: Big Daddy (BioShock), Cole MacGrath (inFamous), Coronel Radec (Killzone), Fat Princess, Heihachi Mishima (Tekken), Jak e Daxter, Kratos (God of War), Nathan Drake (Uncharted), PaRappa (PaRappa the Rapper), Sly Cooper, Sweet Tooth (Twisted Metal) e Toro Inoue (Together Everywere).
Nas vindeiras semanas coñeceremos máis personaxes deste xogo que destacará por soportar a funcionalidade de Cross-Play (permitindo competir a usuarios de PS3 e PS Vita en tempo real) e que polo momento xa ten confirmado os modos de xogo Pruebas de combate (con desafíos singulares) e Arcade (para avanzar por niveis predeterminados).

PUBLICIDADE