Alumnado de PedagoxÃa da USC lanza unha canle en YouTube para promover o uso seguro da Internet: R.E.D.E.S.
xoves, 24 de novembro do 2022
Un
grupo de estudantes de
cuarto curso do Grao de PedagoxÃa da Universidade de Santiago de
Compostela vén
de dar forma a unha nova e innovadora canle didáctica, interactiva e
en galego de YouTube destinada a promover o uso seguro do Internet e
das redes sociais, asà como dar a coñecer as consecuencias do seu
uso equivocado. Trátase do proxecto R.E.D.E.S. (Recoñecemento
e Descubrimento de Espazos Seguros). O target
deste proxecto é a mocidade de entre os 13 e 16 anos de idade da
Comunidade Autónoma de Galicia.
Para
a concepción e deseño deste proxecto, levouse a cabo unha
investigación na que participaron máis dun centenar de escolares
galegos, obtendo como principais resultados a porcentaxe dun 62% do
alumnado que non modifica os seus contrasinais e dun 35% que os
comparte coas súas amizades. Ademais, un 28% algunha vez foi vÃtima
de crimes como estafa por compra, ciberbullying,
suplantación de identidade, publicación e difusión de contido sen
permiso ou hackeo
da súa conta.
O
proxecto concÃbese como unha aventura interactiva na que o usuario
aprenderá acerca da contorna dixital, obtendo as ferramentas
precisas para identificar situacións de risco nas redes. A aventura
que se formula xira entorno a Xulia, unha rapaza que se ve envolta
nunha serie de contratempos onde ten que tomar decisións como
empregar unha tarxeta de crédito para mercar, enviar unha foto moi
persoal ou saber se a persoa coa que está falando é de verdade quen
di ser. En función destas eleccións, as consecuencias variarán.
Inclúense
tamén pequenas pÃlulas informativas (coñecidas como shorts)
nas que se achegan contidos útiles e recursos de interese para a
mocidade que estea a experimentar vivencias como as de Xulia.