Amazon reestrutura o seu servizo de videoxogos na nube
venres, 10 de abril do 2026
Amazon comunicou aos usuarios de Luna unha transformación significativa da plataforma, que deixará de ofrecer compras individuais de xogos, tendas de terceiros e determinadas subscricións externas. A decisión, que xa foi trasladada por correo electrónico á comunidade de usuarios, enmárcase nun cambio de estratexia cara a un modelo centrado nun catálogo accesible mediante subscrición.
A partir do 10 de abril de 2026, Luna elimina a posibilidade de adquirir xogos de maneira individual e tamén retira as tendas asociadas a compañÃas como EA, Ubisoft ou GOG. Do mesmo xeito, as subscricións de terceiros contratadas a través da plataforma, como Ubisoft+ ou Jackbox Games, deixarán de estar dispoñibles para novas altas e cancelaranse automaticamente tras o último ciclo de facturación.
Os usuarios que xa adquiriran xogos poderán seguir xogando a estes tÃtulos ata o 10 de xuño de 2026. A partir desa data, deixarán de estar accesibles en Luna, aÃnda que Amazon indica que seguirán dispoñibles nas plataformas orixinais vinculadas, como EA App, GOG Galaxy ou Ubisoft Connect. Tamén se eliminará a funcionalidade Trae a túa propia biblioteca, que permitÃa executar en streaming xogos comprados noutros ecosistemas.
Este xiro responde ás demandas dos usuarios, que reclaman un acceso máis sinxelo a xogos de calidade, experiencias sociais e un fluxo continuo de contido. Dende Amazon aseguran que reforzará a súa oferta baseada en subscricións propias, como Luna Estándar e Luna Premium, asà como novas propostas como GameNight.
Como compensación, os usuarios afectados recibirán unha oferta de subscrición gratuÃta a Luna Premium, cuxos detalles serán comunicados a partir do 10 de xuño. Ademais, Amazon permitirá descargar os datos de gardado dos xogos durante un prazo de 90 dÃas, aÃnda que advirte de que a compatibilidade con outros servizos dependerá de cada editor.
Este movemento consolida a transición de Luna cara a un modelo máis próximo ao doutros servizos de xogo en streaming baseados en catálogo, afastándose dunha estratexia hÃbrida que combinaba compra directa e integración de bibliotecas externas.
