Amosan o arranque dual Windows/Android do Acer Aspire One D255
venres, 20 de agosto do 2010
Este mes chegou
ao mercado taiwanés o ultraportátil Acer Aspire One D255, que non destaca
especialmente polas súas prestacións (conta cun procesador Intel Atom N450 e
unha baterÃa de só 3 celas) senón polo feito de que conta
cun arranque dual que deixa elixir entre Windows XP e Android 2.1,
permitindo este último un consumo enerxético reducido e un arranque máis rápido,
o que serÃa ideal para navegar pola web e comprobar o correo electrónico,
mentres que para o resto de usos o propio serÃa optar por Windows.
AÃnda que este equipo non parece que vaia comercializarse fóra de Taiwán,
parece que esta prestación de arranque dual vai converterse nun estándar nos
ultraportátiles de Acer, o que agradecerán os seus usuarios en certas situacións,
xa que estes equipos teñen asà unha versatilidade maior.
Para facerse unha mellor idea do que achega o Acer Aspire One D255 podemos ver
un completo vÃdeo co seu desempaquetado e co arranque nos dous sistemas
operativos que inclúe: