AmplÃase o prazo para solicitar os bonos dixitais para colectivos vulnerábeis
martes, 24 de setembro do 2024
A terceira convocatoria dos bonos dixitais para colectivos vulnerábeis xa está aberta e este 24 de setembro o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a ampliación do prazo para solicitar estas axudas que contan cun importe de 1,16 millóns de euros. Engadir que a Administración autonómica, a través da axencia AMTEGA, prorrogou tamén os prazos das subvencións para reforzar a conectividade en polÃgonos empresariais e edificios.
Sinalar que o prazo para solicitar os bonos dixitais esténdese un mes, do 30 de setembro ao 30 de outubro. Estas axudas, encamiñadas a familias ou persoas vulnerábeis, reducen o custe mensual da contratación de Internet en até 20 euros durante un ano cun importe total máximo de 240 euros.
O prazo para as axudas á conectividade en edificios ampliouse do 16 de setembro ao 4 de outubro. Pode solicitarse esta subvención para os edificios construÃdos antes de 2001 que non dispoñan dunha Infraestrutura Común de Telecomunicacións (ICT). Esta liña de axudas, que conta cun investimento de 4,1 millón de euros, cubre o 100 % dos investimentos cun máximo de 23.800 €, de 21.000 € ou de 16.000 € segundo o alcance da instalación.
As pemes e micropemes situadas en polÃgonos empresariais e interesadas en acceder a conexións de 1 Gbps terán de prazo até o 11 de outubro. As empresas poderán acadar subvencións de até o 80% do custo do proxecto, cun importe máximo de 60.000 euros. O orzamento destinado a esta convocatoria é de 4,5 millóns de euros.