Analizan a nova lexislación que regula o contorno dixital europeo
mércores, 22 de novembro do 2023
Esta mañá a sede
o Consello Económico e Social de Galicia acolleu unha xornada técnica sobre Usuarios,
redes, servizos e mercados dixitais en Europa, organizada pola Unión de
Consumidores de Galicia (UCGAL) en colaboración coa Asociación de Internautas e
a Asociación pro Dereitos CivÃs, Económicos e Sociais (ADECES).
A xornada contou co avogado galego Miguel Vieito Villar nas funcións de
presentador e moderador, quen comezou explicando que o obxectivo do encontro era
explorar o que supoñen a Lei de Servizos Dixitais e a Lei de Mercado Dixitais,
que están a implantarse na Unión Europea, e que son de aplicación directa, de
xeito que non teñen que agardar ao seu desenvolvemento nas lexislacións locais
para o seu cumprimento. Estas normas serven en grande medida para protexer aos
cidadáns dos abusos das grandes tecnolóxicas, que tiñan normalizadas prácticas
como o rastrexo dos usuarios ou a falta de protección dos menores á hora de
facerlles chegar mensaxes publicitarias.
Defender o interese público
A primeira relatora
da xornada foi a presidenta de ADECES, Carmen RodrÃguez, quen comezou dando conta
da preocupación polo exceso de poder que deixamos en mans das empresas
tecnolóxicas, ás que hai que impor obrigas para defender o interese público,
por exemplo, con medidas para coidar da saúde mental da mocidade, ou evitando a
manipulación (como quedou constancia co escándalo de Cambridge Analytica).
RodrÃguez lembrou as numerosas sancións que se pretenden impor dende Europa polo
incumprimento da lexislación de protección de datos, que non están a resultar
efectivas (a meirande parte das sancións establecidas nos últimos anos aÃnda non
se fixeron efectivas) de aà que fose importante contar cun novo marco regulador
que é o que estableceron as leis sobre as que se enfoca a xornada.
Considera que non só era necesario protexer os datos persoais ou a liberdade de
expresión, senón que tamén hai que avaliar os riscos que supón a manipulación
deliberada, que afecta directamente a ámbitos como a saúde, a seguridade pública
e incluso os procesos electorais. Incluso salienta a necesidade de promover un
marco regulatorio global en relación á intelixencia artificial, que avogue pola
transparencia e evite riscos de posición dominante.
Dereitos dos usuarios
MarÃa Devesa Manciñeiras,
avogada e directiva de UCGAL, colleu o relevo para abordar o reforzo da Lei de
Servizos Dixitais no que respecta aos dereitos dos usuarios, destacando que a
nova lexislación achega unha maior seguridade, con detalles como ter que
clarexarse sempre quen ofrece un produto ou servizo para que os consumidores
poidan saber contra quen actuar en caso de problemas.
Os usuarios tamén poderemos notificar contidos ilÃcitos e impugnar decisións
adoptadas polas plataformas en liña cando se supriman os nosos contidos, tendo
as plataformas a obriga de comunicar toda decisión adoptada (explicando a súa
motivación). A lexislación tamén recolle transparencia na publicidade (e a
prohibición de dirixir publicidade a menores ou a perfÃs orientados a persoas en
función de caracterÃsticas persoais sensibles como etnia, ideoloxÃa polÃtica ou
orientación sexual).
Devesa tamén destaca que os usuarios teremos o control dos criterios empregados
para que se nos recomenden contidos en plataformas sociais, de xeito que ten
que existir a posibilidade de empregar as plataformas sociais sen recibir
recomendacións personalizadas. Considera importante salientar que a mensaxerÃa
instantánea tamén pasará a ser interoperable, de xeito que no futuro os
usuarios de WhatsApp poderán comunicarse cos de Telegram sen ter que instalar ambas
aplicacións.
Quen paga a festa?
Separándose un
pouco desta materia, Ofelia Tejerina RodrÃguez, presidenta da Asociación de
Internautas, enfocouse ao financiamento das redes para a adaptación dos novos
servizos dixitais, tema que ten espertado moito debate nos últimos anos, pois
supón colocar nunha balanza ás plataformas en liña e ás compañÃas de telecomunicacións,
que non poderÃan vivir unhas sen as outras.
Ciclicamente os operadores de telecomunicacións critican que realicen grandes
investimentos nas súas redes para facilitar o acceso a servizos como YouTube e
Netflix, sen que estas plataformas paguen por iso, aÃnda que non podemos esquecer
que realmente somos os consumidores os que estamos a pagar a ambas partes.
Impor taxas ás plataformas en liña poderÃa rachar co principio de neutralidade
de rede que levamos defendendo moitos anos, de aà que non sexa nada doado chegar
a un acordo global sobre esta materia.
Principais cambios lexislativos
Completou a xornada a intervención de VÃctor Salgado,
avogado especializado no sector TIC, quen quixo explicar en que consisten nos
novos regulamentos europeos e a súa motivación, debullando os distintos
servizos aos que afectará o novo marco, e salientando que o apartado de
sancións recollido nas normas pode ter un grande poder disuasorio, levando aos
xigantes da Internet a ten un maior coidado dos usuarios para evitar asà ter
que facer fronte a sancións que tanto poden ser económicas como poderÃan chegar
incluso a levar a que unha empresa teña que dividirse en dous.
Salgado quixo insistir nunha data, agosto de 2024, cando xa rematarán todos os
prazos citados nas novas normativas, de xeito que a partir de tal data non
haberá escusas para non cumprir con todas as esixencias da nova lexislación, e
probablemente será a partir desa data cando comezaremos a ver grandes sancións
que sirvan para que os xigantes da Internet operen con maior responsabilidade.
VÃdeo da xornada