Angry Birds Epic chega ás tendas de descargas españolas
xoves, 12 de xuño do 2014
En marzo Rovio decidiu realizar un lanzamento
limitado de Angry Birds Epic, o
salto dos seus paxaros anoxados ao xénero RPG, de xeito que uns poucos paÃses
podÃan acceder a este tÃtulo free-to-play,
servindo asà de proba para axustar tanto os servidores que atenden ao xogo como
as súas mecánicas (xa que equilibrar o peso dos contidos de pagamento nunca é
tarefa doada), proceso que tamén deu tempo dabondo para localizar o xogo aos
distintos mercados, para que hoxe se producise finalmente o lanzamento
global deste simpático xogo de rol.
O novo xogo de rol con ambientación medieval, no que os paxaros deben percorrer
un basto territorio derrotando aos sempre odiados porcos verdes a través de
numerosas misións nas que realizar rescates ou descubrir tesouros, seguindo
mecánicas de captación de recursos e progresión e equipamento de personaxes
propios do seu xénero garanten horas de diversión nesta aplicación que xa está dispoñible para iOS, Android
e Windows
Phone.
En Angry
Birds Epic non falta o humor, como demostran no seu trailer de
lanzamento: